O abastecemento de auga en Vigo volve preocupar ao PP vigués

Elena Muñoz, presidenta dos populares en Vigo, considera que debe ser declarado un tema “de interese xeral” e anuncia que levará o debate ao Parlamento de Galicia.


|

Elena Muñoz, presidenta dos populares en Vigo, considera que debe ser declarado un tema “de interese xeral” e anuncia que levará o debate ao Parlamento de Galicia.


Elena Muñoz, presidenta do PP de Vigo


A presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, anunciou este luns que o seu partido levará ao Parlamento de Galicia a petición de que o abastecemento da cidade olívica sexa declarado "de interese xeral", de maneira que leve a cabo un "plan integral" para solucionar os problemas de "cantidade e calidade" da auga, e este poida ser financiado con fondos estatais ou europeos.


Nunha rolda de prensa, Muñoz lamentou que o goberno local haxa desestimado esa proposta, polo que avanzado que, dado que se celebrará esta semana o Debate sobre o Estado da Autonomía, o PP "quere pedilo desde o Parlamento". "Non é un problema local, xa transcende a nivel autonómico pola importancia da cidade en Galicia", xustificou a líder dos 'populares' vigueses.



Elena Muñoz sinalou que, para que as obras de mellora do abastecemento (que incluirían a actuación hidráulica "que os técnicos consideren mellor" para aumentar a auga embalsada, a renovación ou construción dunha nova potabilizadora, e a renovación do sistema de tubaxes) sexan declaradas de interese xeral, deben incluírse nos Orzamentos Xerais do Estado, ou ben ser declaradas así a través dun Real Decreto Lei. Iso pode ser promovido tanto desde o Concello como desde a Comunidade Autónoma, precisou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE