Así votaría hoxe Galicia nunhas eleccións xerais, segundo o CIS

Un dos aspectos máis polémicos do último barómetro do CIS na inclusión de datos de intención de voto desagregardos por autonomías. En Galicia, o instituto estatal sitúa por diante ao PSOE, con case tres puntos de vantaxe sobre o PP.


|

Un dos aspectos máis polémicos do último barómetro do CIS é a inclusión de datos de intención de voto desagregardos por autonomías. En Galicia, o instituto estatal sitúa por diante ao PSOE, con case tres puntos de vantaxe sobre o PP.


Cis galicia

Barómetro do CIS en setembro para Galicia


Un gran envorco electoral nunha autonomía na que os conservadores son case sempre a forza máis votada. Con todo, manexando as variables de intención de voto e de simpatía da última enquisa, as cousas cambian, e moito.


Os socialistas obterían o 21,4 por cento, fronte ao 18,9 do PPdeG. En Marea vería que a súa terceira posición estaría en serio risco, pois Cidadáns písalle os talóns, con 11,7% fronte aos 12,2% da confluencia.


A fiabilidade destes datos está lastrada pola ausencia do Bloque. O CIS non pregunta polos nacionalistas ao non ter o BNG escano nas Cortes.


Ademais, case o 20,4 asegura que non votaría e máis do 3% di que non sabe a quen elixiría. 


RIVERA, O PREFERIDO EN GALICIA

A nivel de líderes, gana Albert Rivera, con case un 4 (3,94). Moi preto estaría a nova cara do PP, Pablo Casado, cun 3,91. Pedro Sánchez quedan cun 3,58 e Pablo Iglesias cun 2,62. É dicir todos estarían suspensos.



Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez

Gonzalo Caballero, líder do PSdeG, con Pedro Sánchez



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE