O PP controlará as dúas novas comisións de investigación, sobre Sanidade e O Marisquiño

Os conservadores fan valer  a súa maioría para facerse coa presidencia das comisións de investigacións que empezan a andar este xoves, tanto a do SERGAS como a do accidente de O Marisquiño.


|

Os conservadores fan valer a súa maioría para facerse coa presidencia das comisións de investigacións que empezan a andar este xoves, tanto a do SERGAS como a do accidente de O Marisquiño. 


O PPdeG controlará a comisión de investigación do sistema sanitario que impulsaron os grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG-- e que indagará tamén sobre a morte dun paciente no Punto de Atención Continuada (PAC) e a subministración de medicamentos aos enfermos de Hepatites C.


Constitución comisión de investigación do sistema sanitario
Así, a deputada popular Marta Rodríguez Arias presidirá a comisión, mentres que ocupará a Vicepresidencia o popular Jesús Miguel Prado Patiño. Mentres, a deputada de En Marea Eva Solla, por parte da oposición, ocupará o posto da secretaría.

Nesta comisión, os populares achegan sete dos 12 membros: Aurelio Núñez Centeo, Marta Rodríguez Arias (presidenta), Cristina Romeu que substituíu a Encarna Amigo, Marta Rodríguez-Vispo, Marián García Míguez que substituíu José González Vázquez, Antonio Mouriño e Jesús Miguel Prado Patiño (vicepresidente).

Por parte de En Marea figuran o portavoz parlamentario, Luís Villares, e a responsable sanitaria, Eva Solla (secretaria); mentres que o PSdeG achega ao titular na materia, Xullo Torrado, e ao seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga. O BNG sitúa nesta comisión ao seu líder, Ana Pontón.

OBXETIVO DA COMISIÓN
Concretamente, o título da comisión pretende determinar as "consecuencias dos recortes e privatizacións sobre o sistema sanitario galego (2009-2018), con especial incidencia en casos como a non dispensación de medicamentos necesarios a enfermos de Hepatites C ou o falecemento dun paciente sen atención no PAC da Estrada".

Foi impulsada polos tres grupos da oposición, facendo uso da prerrogativa parlamentaria que lle dá o regulamento para activar unha comisión de investigación sen apoio do grupo maioritario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE