O director do Parque Nacional das Illas Atlánticas investigado por "construcións ilegais" en Cíes

A Garda Civil acusa o Director-Conservador do Parque de permitir construír en varios lugares de as Illas Cíes, o que está prohibido. Ecoloxistas piden a dimisión de confirmarse que permitiu as supestas illegalidades.


|

A Garda Civil acusa o Director-Conservador do Parque de permitir construír en varios lugares das Illas Cíes, o que está prohibido. Ecoloxistas piden a dimisión de confirmarse que permitiu as supestas illegalidades.



Pepin fernandez vouzas

José Antonio Fernández Bouzas | Xunta


Así, Verdegaia indica que "estariamos ante feitos dunha extrema gravidade". Víctor Méndez en Diario de Pontevedra publicou que o SEPRONA acusa o cargo público de permitir "varias construcións ilegais en parcelas das Illas Cíes", algo completamente prohibido.


Segundo estas fontes, o caso xa chegou á xustiza e nel estarían a ser investigados outras persoas por un suposto delito de prevaricación. A lexislación prohibe calquera construción nos parques nacionais, salvo casos excepcionais para fomentar a economía sustentable, que non parece ser o caso.


O director-conservador do Parque desde hai máis de dez anos non fixo pública a súa versión polo de agora. Verdegaia pon en dúbida a súa traxectoria con exemplos: a autorización para construír unha pasarela en Cíes, a paralización doutra pasarela polo Seprona ou a construción dunha nave de 350 metros cadrados para o Parque o chan rústico sen licenza municipal.


SEN O PLAN DE XESTIÓN QUE OBRIGA A LEI

Os ecoloxistas enlazan isto co eterno atraso na aprobación do plan reitor de xestión e uso. De acordo á Lei, debería estar listo en 2003. 


Quince anos despois o principal espazo protexido do país carece del, o que dá máis marxe para actuacións como as que volveron a poñer no punto de mira da Xustiza a José Antonio Fernández Bouzas, cuxa continuidade á fronte da institución xa se puxo en dúbida en momentos anteriores debido, precisamente, a problemas deste tipo.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE