Veciños protestarán contra os parques eólicos de capital saudita

Manifestación en Ordes contra a "rapina depredadora empresarial". Será o vindeiro domingo 30 de septiember a partir das 12:30.


|

Manifestación en Ordes contra a "rapina depredadora empresarial". Será o vindeiro domingo 30 de septembro a partir das 12:30.



Alfanar

Directivos de Alfanar cun membro da familia real saudita


Convocan catro organizacións: Plataforma Non Eólicos en Ordes, Asociación de Veciños de Lesta, Asociación A Picouta de Trazo e a  Comisión polo seguimento da Minería e Defensa do Rural de Frades e Mesía. 


O obxectivo é poñer o foco sobre "as fortes agresións que sunpondrían os parque eólicos proxectados por unha compañía de capital saudita". Refírense a Alfanar Group, empresa saudita que financia os parques que tramita a madrileña Capital Energy.


IMPACTO DO NOVO MARCO LEGAL

Os convocantes critican a "axuda" aos empresarios por parte de "as últimas leis impulsadas pola Xunta". O PPdeG aprobou o ano pasado a Lei de Iniciativas Empresariais, que os ecoloxistas rebautizaron como "Lei de Depredación de Galicia".


En termos xerais, a nova norma reduce á metade os prazos polos que a Administración supervisa este tipo de proxectos. Se, por exemplo, antes a Xunta tiña un mes para analizar un estudo de impacto ambiental presentado por unha operadora, agora ten, en teoría, só dúas semanas.


CRÍTICAS A OUTROS PROXECTOS INDUSTRIAIS

Ademais dos parques eólicos, no seu punto de mira están as novas liñas de alta tensión que confluirán en Mesón do Vento, o novo vertedoiro de residuos industriais de Lesta e a mina de cuarzo que  Erimsa pretende ampliar en Mesía e Frades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE