Debe poder poñerse nas farmacias a vacina contra a gripe?
Polo menos un Colexio oficial de farmacéuticos, o de Pontevedra, solicitou á Xunta poder administrar a vacina contra a gripe nas farmacias. Agora, unha asociación de enfermeiros critica duramente esta petición advertindo de "lucro privado".
Polo menos un Colexio oficial de farmacéuticos, o de Pontevedra, ha solicitado á Xunta poder administrar a vacina contra a gripe nas farmacias. Agora, unha asociación de enfermeiros critica duramente esta petición advertindo de "lucro privado".
Así, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) argumenta que "a proposta realizada polos Colexios de farmacéuticos non ten ningún encaixe real na sanidade gallega". A AGEFEC admite que noutros países si se fai, pero entende que alí "se xustifica por unha realidade asistencial diferente nos que a accesibilidade ao sistema sanitario e a uns niveis básicos de atención teñen uns indicadores moito máis baixos".
DEFENSA DOS MÉDICOS DE FAMILIA E DO SISTEMA PÚBLICO
Os enfermeiros razoan que poñer a vacina da gripe non se limita só ao acto de administrala, senón que "forma parte do seguimento dun paciente crónico e pluripatológxco" por pate dos médicos de familia.
A AGEFEC alerta do risco que a campaña contra a gripe acabe sendo un "instrumento de lucro privado". Fronte a isto, enarboran que eles captan persoas para que se vacinen ao longo de todo o ano e que, de feito, cada vez máis xente apúntase, indicador de que "o sistema actual funciona".
Escribe o teu comentario