Outra folga en Ryanair pode afectar os aeroportos galegos

Novo paro de Ryanair en España, Portugal, Italia, Bélxica e Holanda  Pola súa banda, a compañía expresou que non espera que durantes os paros vaia a producirse "ningún caos de viaxes ou perturbacións xeneralizadas".


|

Avion ryanair 1


Nova folga en Ryanair. Esta vez os tripulantes de cabina convocaron paros para o próximo 28 de setembro en España, Portugal, Italia, Bélxica e Holanda.


Os sindicatos esperan "expectantes" a saber como será a "actitude da empresa" ante as autoridades españolas, despois de que Ryanair acusase os sindicatos a través do seu portal de emprego de romper as negociacións, segundo informaron o secretario xeral de USO Sector Aéreo, Pedro Alzina, e o responsable de Relacións


Concretamente, nunha carta que trasladou aos seus traballadores, a aerolínea acusou aos sindicatos de non querer reunirse nin negociar despois de que os responsables da compañía rompesen "todas as barreiras da boa fe negociadora" durante a reunión do pasado 11 de setembro, segundo os representantes sindicais.


A convocatoria de folga en varios países europeos vén motivada porque Ryanair segue "ignorando" as leis europeas e nacionais cunha "cultura abusiva que forma parte da compañía desde hai décadas", tal e como informaron nunha nota conxunta o pasado 7 de setembro. 


RESPOSTA DA COMPAÑÍA


A compañía espera que durante a folga do 28 de setembro "a gran maioría dos TCP de Europa traballará con normalidade", incluíndo a dos países onde está convocada, polo que non se producirá "ningún caos de viaxes ou perturbacións xeneralizadas". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE