O Desafío Islas Cíes converte o Vao no centro do tríatlon para grandes e pequenos

Tamén o domingo celebrarase a carreira popular 7K, 7 quilómetros no circuíto da carreira a pé da proba do Tríatlon 


|

Desafio illas cies infantil

Carreira infantil | Imaxe: Desafío Santander Illas Cíes


O sábado e domingo 22 e 23 de setembro a ría de Vigo acolle a sexta edición do Desafío Santander Islas Cíes, un tríatlon no que poderán participar tanto adultos e adultas como as máis pequenas e pequenos


A tarde do sábado as nenas e nenos participantes empezarán cunha carreira a pé, a Master Tri Junior a partir das 18.00h xunto a personaxes infantís que correrán con elas para animar a carreira. En o acuatlón do sábado hai catro categorías: benjamines (9-10 anos), alevíns (11-12 anos), infantís (13-14 anos) e cadetes (15-17 anos). 


O domingo será a quenda de maiores na gran cita do Desafío, un tríatlon de media distancia composto por 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé entre O Vao, A Ramallosa e Samil.


Tamén o domingo celebrarase a carreira popular 7K, 7 quilómetros no circuíto da carreira a pé da proba do Tríatlon que levará a cabo mentres se disputa a proba de ciclismo. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE