A Consellería do Medio Rural mente sobre as hectáreas afectadas nos incendios, segundo Arco Iris

Galiciapress contactou coa Consellería do Medio Rural, que non ofreceu ningunha declaración sobre a acusación de Arco Iris


|

Chan calcinado nun incendio en Galicia


A asociación ecoloxista Arco Iris acusa á Consellería do Medio Rural de mentir sobre o incendios forestais. Así o expresou nun comunicado este mércores, onde afirma que comprobou "" que os datos ofrecidos pola Xunta nalgúns dos últimos incendios deste verán están falseadosGaliciapress contactou coa Consellería, que non ofreceu ningunha declaración sobre a acusación.


"No caso de Monterrei", en Verín, "Medio Rural anunciaba que habían ardido 126 hectáreas, cando os datos do satélite non deixaban lugar a dúbidas: eran 194", afirman desde Arco Iris no documento. Así mesmo, aseguran comprobar "" tamén a superficie queimada no último incendio forestal da serra do Caurel, en Quiroga, "que forma parte da Rede Natura 2000 e alberga espazos forestais únicos e irrepetibles como a Devesa de Rogueira". 


"Medio Rural volveu a mentir descaradamente", declaran desde a asociación. A Consellería anunciou o martes 4 de setembro que o incendio de Quiroga estaba extinguido tras calcinar 100 hectáreas, datos que desmente Arco Iris. "Os datos do sistema Copernicus -un programa de observación da Terra da Comisión Europea e a Axencia Espacial Europea a través dos datos de máis de 30 satélites- non deixaban lugar a dúbidas: 168 hectáreas foron pasto das chamas". 


Ante a diferenza de datos, acusan o director xeral de montes, Tomás Fernández Couto, desta "estratexia de confusión". "Volveu a impoñer un decálogo consistente na terxiversación sistemática da realidade a través da páxina de twitter do 085, que mantivo un silencio sepulcral entre o 1 de xullo e o 22 de agosto", considera a asociación. Segundo mencionan no comunicado, Medio Rural non informa de ningún lume inferior  as 20 hectáreas "polo que é imposible coñecer o alcance real dos incendios forestais ata que os ofrece meses máis tarde o Goberno Central".


Así as cousas, Arco Iris insta á Consellería para "recuperar" unha política de comunicación "transparente e rigorosa", e a informar de todos os focos rexistrados, a intensidade do lume e a superficie total afectada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE