Galicia é a segunda mellor autonomía en cumprimento do déficit
Só o País Vasco ten mellores datos que Galicia , mentres unha ducia de comunidades xa superan agora o déficit previsto para todo o ano 2018.
Só o País Vasco ten mellores datos que Galicia (-0,31%), mentres unha ducia de comunidades xa superan agora o déficit previsto para todo o ano 2018.
Un total de doce comunidades autónomas superaron o mes de xuño o déficit de todo o ano. O obxectivo asignado para o conxunto de 2018 é do 0,4 por cento en termos do Produto Interior Bruto (PIB).
Só cumpriron Asturias (-0,29%), Canarias (-0,17%), Galicia (-0,31%), A Rioxa (-0,27%) e País Vasco (0,44%), segundo datos do Ministerio de Facenda.
A máis incumplidora é Estremadura, cunha desviación das súas finanzas do 1,12%.
No caso de Catalunya é dun -0,88% no da Comunidad de Madrid, do -0,48%.
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
O déficit do conxunto das administracións públicas situouse en 22.698 millóns de euros no primeiro semestre do ano (-15,8% interanual), o que equivale ao 1,87% do PIB, 0,44 puntos porcentuais menos que no mesmo período do ano anterior,
O déficit do Estado ata xullo situouse no 1,49% do PIB (0,3 puntos menos), ata os 18.080 millóns de euros, segundo datos do Ministerio de Facenda.
Se se inclúe o saldo neto da axuda financeira, o déficit público situouse entre xaneiro e xuño os 22.612 millóns, o 1,86% do PIB, cunha redución interanual do 17%.
No que vai de 2018, o saldo neto da axuda financeira é positivo por importe de 86 millóns, como consecuencia das menores indemnizacións efectuadas tanto polo FROB como por BFA, a matriz de Bankia.
Na desagregación dos datos do déficit público, a Administración Central diminuíu o seu déficit ata os 9.974 millóns no primeiro semestre, o 0,82% do PIB, descontada a axuda financeira, mentres que as comunidades autónomas rexistraron un déficit de 7.133 millóns, o que supón unha caída do 16% respecto ao mesmo período do ano anterior, pasando do 0,73% ao 0,59% do PIB.
Escribe o teu comentario