A UDC homenaxea ao que foi o seu primeiro reitor, José Luis Meilán Gil, falecido en xuño

Meilán, nado na Coruña en 1933, faleceu o pasado mes de xuño aos 84 anos de idade


|

Jose luís meilan gil IMAGENderechopublicoglobal

José Luis Meilán Gil | Imaxe: Dereito Público Global


A área de Dereito Administrativo da Universidade dá Coruña (UDC) homenaxea o luns 10 de setembro ao que foi o primeiro reitor da institución, José Luis Meilán Gil. 


No acto académico, que terá lugar ás 12.00h no Paraninfo da Rectoría e estará aberto a calquera interesada, as persoas asistentes terán a oportunidade de lembrar a persoa de Meilán e repensar sobre algunhas das súas principais contribucións ao mundo do Dereito e da Universidade.


Meilán, nado na Coruña en 1933, faleceu o pasado mes de xuño aos 84 anos de idade. Catedrático de Dereito Administrativo, impulsou desde 1990 a universidade, da que foi reitor durante 13 anos


En 1976 funda o Partido Galego Independente, que se integraría nas primeiras eleccións na coalición Unión de Centro Democrático (UCD), tras a aprobación da Lei de Reforma Política. Entre 1977 e 1979 foi deputado por UCD nas cortes xerais, e tivo un papel destacado na elaboración da Constitución do 78 e do Estatuto de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE