Cinco novos centros para recuperar puntos do carné de conducir abren este luns na provincia de Ourense

Os centros están situados na capital provincial, no Barco de Valdeorras, no Carballiño, en Verín e en Xinzo de Limia


|

Estrada, Tráfico, Coches, DXT, Circulación


A provincia de Ourense contará, a partir deste luns, con cinco novos centros de recuperación de puntos e cursos de sensibilización tras delito contra a seguridade viaria da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).


En concreto, segundo informou esta institución nun comunicado, estas instalacións situaranse na capital provincial, no Barco de Valdeorras, no Carballiño, en Verín e en Xinzo de Limia.


Deste xeito, estes novos centros elevan ata oito os dispoñibles na provincia, xa que ata agora soamente Ourense cidade, O Barco e Verín contaban cun.


Os cursos que se poden realizar son de recuperación parcial de puntos -ata un máximo de sei--, outro de recuperación total de puntos --necesarios cando se perden todos-- e outro de sensibilización tras un delito contra a seguridade viaria.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE