A Plataforma Casalonga Limpa organiza o festival reivindicativo DesPlanta SONS

"Temos a esperanza de ser quen de enfrontarnos aos poderosos e impedir a construción da planta. Se o conseguimos, gañariamos a primeira batalla, pero non a guerra"


|

CASETA. Casalonga Limpa de Residuos de Fu00e1estafa Seijo


O venres 7 de setembro a partir das 20.30h o Campo dá Festa do Carmelo (Ameneiro-Teo) acollerá o DesPlanta SONS, un festival solidario e reivindicativo organizado pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos


O obxectivo do evento, que coincide co fin da misa de inauguración das festas do municipio, ten como obxectivo reivindicar a través da música que Teo é "un lugar para vivir, non para residuos". 


O público infantil poderá gozar de inchables gratuítos e da música do Capitán Garfo, mentres que ao escenario principal subirase o grupo coral de mulleres Son Elas, que dará paso á música tradicional e folk de Tres Pesos e Vos D'Abaixo. O metal de Deseqilibrio Mental e o rock dos John Deeres pecharán a xornada festiva-reivindicativa. 


"Temos a esperanza de ser quen de enfrontarnos aos poderosos e impedir a construción da planta. Se o conseguimos, gañariamos a primeira batalla, pero non a guerra", sinala Casalonga Limpa. "A guerra", continúa, "só a gañaremos cando a canteira e a súa contorna, sexan quen sexa os propietarios, acompañen nosas vidas no canto de ameazalas". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE