"A Corral contratárono para pechar tamén Vestas Viveiro"

Un representante dos traballadores de Vestas León desvela como os daneses contrataron a un executivo especialista en peches empresariais para clausurar esta factoría e a súa irmá Vestas Viveiro. A fábrica galega non pechou aínda, di, porque está pendente dunha subvención.


|

Un representante dos traballadores de Vestas León desvela como os daneses contrataron a un executivo especialista en peches empresariais para clausurar esta factoría e a súa irmá Vestas Viveiro. A fábrica galega non pechou aínda, di, porque está pendente dunha subvención.


 

Feijoo visita vestas viveiro 111115 vestas 06a

Feijóo visitando Vestas Viveiro


O delegado de Comité de Empresa Pablo Martínez asegura que Vestas, de capital danés, enganoulles nas negociacións sobre o futuro de esta fábrica leonesa. En declaracións a Diario de León, argumenta que contratou a un directivo con experiencia en despedimentos e peches de grandes compañías, como Jazztel, para executar a manobra.


EN VIVEIRO TAMÉN MANDARON ADIANTAR A PRODUCIÓN

De acordo á súa versión, Jerónimo Corral  tentou que adiantasen a produción e negou os despedimentos. O que tiña que estar feito para decembro, debería estar feito para setembro. Un adianto da produción que se tentou executar en León  e que segue en marcha en Viveiro. En León o sindicalitas di que se deron conta do suposto engano ao chamar a outros provedores da súa factoría e descubrir a falta de encargos.


«A Jerónimo Corral contratáronlle para facerse cargo tamén do peche de Viveiro», engade o sindicalista. Vestas León leva meses de mobilizacións, con folgas e cortes da autovía, mentres a paz social mantense en Galicia, a pesar da preocupación dos traballadores e das autoridades luguesas.


O delegado cre que se a planta galega segue operando é porque ten algunha subvención pendente de cobrar. «A explicación máis sinxela é que se pecha unha, pecharemos todas», argumenta. 


O certo é que a factoría leonesa era o principal cliente da súa irmá galega. En Viveiro fabrican aeroxeradores que agora, en principio, non teñen saída.


A empresa agárrase ao feito de que Vestas Viveiro tamén produce desde hai pouco paneis solares, pero esta actividade é por agora limitada, ocupando a ducias de operarios dos centos de contratados na industria da Mariña. 



VEstas Ricardo mugidor

Protestas diante de Vestas en Villadango, León / Ricardo @mugidor Twitter

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE