Debe ter Galicia a mesma hora que Canarias e Portugal?

A decisión da Comisión Europea de propoñer acabar co cambio de hora entre inverno e verán suscita movementos políticos. Os nacionalistas galegos piden un horario acorde coa situación xeográfica do país. En Marea pregunta ao goberno se aplicará a recomendación de Bruxelas, como así parece.


|

A decisión da Comisión Europea de propoñer acabar co cambio de hora entre inverno e verán suscita movementos políticos. Os nacionalistas galegos piden un horario acorde coa situación xeográfica do país. En Marea pregunta ao goberno se aplicará a recomendación de Bruxelas, como así parece.


A decisión da Comisión Europea de propoñer acabar co cambio de hora entre inverno e verán suscita movementos políticos. Os nacionalistas galegos piden un horario acorde coa situación xeográfica do país.


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, presentará este luns á Comisión Europea unha iniciativa para que Galicia teña un fuso horario propio, o mesmo que Portugal, Irlanda ou Canarias, "tendo en conta a diferenza de case unha hora entre Fisterra (A Coruña) e Barcelona".


Ana Miranda e Ana Pontón (BNG) en rolda de prensaAna Miranda e Ana Pontón

Segundo lembra o Bloque nun comunicado, esta proposta xa fora defendida con anterioridade polo BNG, cando explicaba que a Comunidade é "un dos países do mundo con maior desfasamento entre a hora oficial e a denominada hora solar".

"Galicia, xeograficamente, está no fuso GMT-1, pero a hora oficial é a GMT+1, e no verán as zonas máis occidentais de Galicia chegan a ter unha diferenza de dúas horas e media respecto da hora solar", manifestan os nacionalistas.

Por iso, Miranda considera que o axuste da Comunidade ao fuso das Illas Canarias ou Portugal tería "innegables beneficios para a saúde e laborais", pois o actual "non responde a ningún tipo de aforro enerxético nin de calidade de vida".

Ademais, tal e como proseguiu a deputada nacionaloista, a adopción de Galicia e do conxunto de España ao GMT+1 foi unha decisión política "dos primeiros anos do franquismo, nos que o ditador quería homologar o horario oficial ao da Alemaña nazi".

A europarlamentaria levará esta cuestión á Unión Europea despois de que o presidente da Comisión, Jean-Claude Junker, anunciase este venres que propoñerá eliminar o cambio de hora que se produce cada seis meses, alegando que o reclaman máis do 80 por cento dos 4,6 millóns de cidadáns que votaron nunha consulta pública iniciada o pasado mes de febreiro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE