O Concello de Ourense non aproba a celebración do Festival Intercultural do Barbaña por "garantir" a seguridade

O consistorio, que debe "evitar que se produzan incidentes como o ocorrido hai escasas semanas en Vigo", non autoriza a celebración do Festival Intercultural do Baraña


|

 

Concello ourense

Concello de Ourense


O Concello de Ourense anunciou que non aproba o Festival Intercultural do Barbanha (FIB) por "non contar cos permisos necesarios para a súa celebración" e por non responder os requisitos "que se lle transmitiron para garantir a seguridade dos seus participantes". 


Así o explicou nun comunicado, onde informa que as e os responsables do colectivo Espazo Cultural Aberto ESCuA "non cumpriron cos requisitos indispensables" para organizar o festival. O Goberno local declara que solicitou requirimentos legais como a petición de permisos perceptivos e a cobertura dos requisitos de seguridade e prevención de riscos, pero "o único trámite que realizaron foi o de presentar a solicitude". 


Tampouco abonaron, explica o Concello, as taxas de ocupación da vía pública, polo que "ante a falta de resposta dos organizadores para velar pola seguridade das persoas", o consistorio, que debe "evitar que se produzan incidentes como o ocorrido hai escasas semanas en Vigo", non autoriza a celebración do FIB. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE