CESM condena a "prepotencia e arrogancia" da Xunta ante a folga do 061
Reprochan a actitude de "prepotencia e arrogancia" do Servizo Galego de Saúde "ao conceder un permiso de 9 días ao director de coordinación do 061 en plena folga de persoal estatutario"
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) criticou duramente a postura da Xunta de Galicia ante a folga do 061. Delegados de CESM na Xunta de Persoal do 061 na área Sanitaria de Santiago cualificaron a actitude do Goberno autonómico de "desprezo absoluto" por non responder o chamamento do sindicato para retomar as negociacións.
Reprochan a actitude de "prepotencia e arrogancia" do Servizo Galego de Saúde "ao conceder un permiso de 9 días ao director de coordinación do 061 en plena folga de persoal estatutario, así como a outros membros do cadro directivo". O sindicato cualifica de "caprichoso e inxusto" o traslado forzoso do centro de coordinación desde Santiago á Estrada, que afecta a máis dun centenar de traballadoras e traballadores, que se verán "notablemente prexudicadas".
"A indiferenza mostrada polo Sergas ante as distintas chamadas de atención realizadas polos traballadores afectados polo traslado", declaran", "é intolerable". Ante esta actitude do "desprezo máis absoluto" cara ao persoal, CESM pon en valor a "profesionalidade e responsabilidade" do persoal, que traballa cuns servizos mínimos que, segundo apunta o sindicato, "rozan a ilegalidade".
Así as cousas, CESM lembra que se o traslado responde a unha decisión política "como é o caso", consideran, "os traballadores deben ser compensados, porque a deslocalización supoñerá un maior custo económico polos desprazamentos, un maior re
Escribe o teu comentario