Onde están as axudas das persoas afectadas na explosión de Tui?

"O balance destes tres meses é un reguero de anuncios non realizados ou realizados a medias", condenou Villares


|

Luís villares explosion tui


Pasaron tres meses desde a explosión dun almacén pirotécnico ilegal en Paramos, Tui, onde se abriron 417 expedientes por danos materiais -dos que 300 en vivendas e 70 en vehículos-. "Tres meses despois da explosión ningunha administración asumiu os labores de desatasco nin se emprendeu o plan de reconstrución da zona afectada", sinalaron desde En Marea. 


A formación encabezada por Luís Villares anunciou que pedirá que se faga efectivo o paquete de medidas anunciado polas administracións e que se corrixan algúns dos procedementos de axuda. Así, En Marea solicitará que as axudas que perciban as persoas afectadas sexa "a fondo perdido e non teñan consideración fiscal". "O balance destes tres meses é un reguero de anuncios non realizados ou realizados a medias", condenou Villares. 


Así mesmo, o partido instrumental considera que é necesario apoiar as peticións da veciñanza e non marcar topes -109.000 euros- que "non chegan a cubrir máis que unha parte do valor total do perdido". Da mesma forma, valoran negativamente o criterio que diferencia primeiras de segundas vivendas e ven necesario que as persoas que sufriron danos recuperen "na maior brevidade de tempo a situación máis semellante posible á que tiñan antes da explosión". 


"Estes tres meses nos que os afectados pola explosión levan batallando para conseguir facer valer os seus dereitos, a escasa coordinación entre administracións e a lentitude e dificultades nalgúns dos procesos de xestión están a crear unha nova dificultade para as familias dos afectados", consideran. Villares denunciou tamén que "a Xunta se negou a poñer en marcha un plan de atención psicolóxica ás vítimas". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE