428 persoas foron atendidas despois do derrube de O Marisquiño, 8 delas permanecen hospitalizadas
A Consellería de Sanidade confirmou que se eleva a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) tras o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.
A Consellería de Sanidade confirmou que elévase a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) tras o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.
O novo ingreso rexistrouse a pasada madrugada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, de maneira que son 4 os pacientes ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, outros 3 no hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (que foi trasladado desde Vigo por proximidade ao seu domicilio).
Fontes sanitarias tamén confirmaron que, ata a mañá deste martes, xa son 428 as persoas que resultaron feridas e foron atendidas nos diferentes dispositivos asistenciais. Delas, 189 foron atendidas no Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 na nosa Señora de Fátima, 11 no Montecelo, 7 no Castro, 1 no Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.
Escribe o teu comentario