Muxía contará cun sendeiro Xacobeo

A Deputación da Coruña promoverá a creación dun sendeiro xacobeo en Muxía, en virtude dun convenio subscrito entre o deputado e responsable de Plans Provinciais, Xosé Regueira, e o alcalde da localidade coruñesa, Félix Porto


|

Convenio Deputación e Concello de Muxía


A Deputación da Coruña promoverá a creación dun sendeiro xacobeo en Muxía, en virtude dun convenio subscrito entre o deputado e responsable de Plans Provinciais, Xosé Regueira, e o alcalde da localidade coruñesa, Félix Porto.

Trátase dun convenio de colaboración polo que o organismo provincial investirá 495.598 euros para acometer a creación dun sendeiro xacobeo entre os núcleos de Merexo e Os Muiños. Ademais, inclúese a mellora e pavimentación da estrada municipal que dá acceso á praia de Lago.

O proxecto, cun orzamento total de 534.769,88 euros, será cofinanciado pola Deputación da Coruña e o Concello de Muxía. O seu obxectivo, segundo informa o organismo provincial, é "mellorar a seguridade viaria e peonil dos veciños e dos centos de peregrinos que diariamente transitan polas estradas do municipio no seu camiño cara ao Santuario da Virxe da Barca".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE