"A Dirección do CHOP non tomou as medidas necesarias para protexer a pacientes e persoal na vaga de calor"
Montse Prado fala dunha situación que foi cualificada de "inhumana, tecermundista, inexplicable, insoportable" por quen a padeceu
O BNG traslada ao Parlamento as queixas e o malestar de pacientes, familiares e persoal polas altas temperaturas alcanzadas no Hospital Provincial de Pontevedra (CHOP) durante a vaga de calor. A portavoz de sanidade do Bloque Nacionalista Galego, Montse Prado, fala dunha situación que foi cualificada de "inhumana, tecermundista, inexplicable, insoportable" por quen a padeceu.
Os cuartos de o CHOP alcanzaron temperaturas superiores aos 30 graos " e nalgúns casos mesmo 35", informan desde o partido. "As altas temperaturas foron soportadas por nenas e nenos, persoas de avanzada idade, con tratamentos oncolóxicos ou paliativos", explica Prado.
"Diante dunha vaga de calor, da que se tiña coñecemento, a Dirección do CHOP non tomou todas as medidas necesarias para protexer nin a pacientes nin ao persoal", declara a portavoz, e, continúa, "resulta evidente que os doce equipos de refrixeración instalados hai un ano para todo o hospital son insuficientes".
O BNG insta á Xunta a tomar medidas "de inmediato" e poñer en marcha mecanismos necesarios para evitar as consecuencias das altas temperaturas, que poden poñer en risco "a persoas maiores, persoas ingresadas e ás profesionais que desenvolven diariamente a súa actividade".
Escribe o teu comentario