Traballadores do 061 cargan contra a Xunta por suspender as negociacións e seguen protestando

Sen diálogo entre os operarios da Fundación Urxencias Sanitarias de Santiago e as súas empregadoras do SERGAS. Unha decisión que o sindicato convocante interpreta como unha medida de presión.


|

Sen diálogo entre os operarios da Fundación Urxencias Sanitarias de Santiago e as súas empleadoras do SERGAS. Unha decisión que o sindicato convocante interpreta como unha medida de presión.


A CIG asegura que a dirección de Urxencias Sanitarias 061 suspendeu como "medida de presión" as reunións que mantén con carácter bimensual co persoal do servizo de Santiago, en folga indefinida desde a pasada semana en protesta polo seu traslado á Estrada.


Protesta da 061 fronte ao Sergas 

A central nacionalista considera a suspensión dos encontros como "un intento máis da Xunta de boicotear as mobilizacións", segundo apunta nun comunicado no que alerta que a medida "supón deixar sen interlocución sindical aos traballadores de helicópteros, que non participan da folga porque o seu centro de traballo non vai ser trasladado".



Así as cousas, censuran a decisión da dirección do 061, á que acusan de carecer de "talante negociador" e de "estar máis preocupada de boicotear a folga que de chegar a un acordo" para desbloquear o conflito.


A CIG apunta que a suspensión das reunións só afecta a área de Santiago e non se estende ao resto de centros do 061, algo que para o comité de folga constata "que se trata dunha medida de presión" contra as mobilizacións. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE