En-Colectivo presentará unha reclamación conxunta contra Ryanair

A plataforma ten como obxectivo promover reclamacións conxuntas "fronte a abusos de grandes compañías" e pedirá á compañía irlandesa unha compensación polos prexuízos da folga do 25 e 26 de xullo


|

Encolectivo roda prensa

Anuncio da reclamación conxunta | Imaxe: En-Colectivo


A plataforma galega de reclamacións e queixas cidadás En-Colectivo anunciou este martes que presentará unha reclamación conxunta contra Ryanair "polos prexuízos que a folga da súa tripulación de cabina" ocasionou a viaxeiras e viaxeiros. 


A intención é esixir á aerolínea "o resarcimiento dos danos individuais ou materiais, os danos morais e o lucre cesante que as cancelacións de máis 400 voos ocasionaron a miles de viaxeiros" entre o 25 e o 26 de xullo ao longo de todo o Estado. 


O portavoz da plataforma, Diego Maraña, explicou que "os cidadáns estamos nunha posición de inferioridade cando se reclama ante unha gran compañía", polo que En-Colectivo considera que a reclamación conxunta permitirá exercer "unha defensa mellor coordinada" cunha "maior capacidade de negociación". 


Consideran que as consecuencias da folga para usuarias e usuarios "poderían evitarse se a compañía adoptase medidas con anterioridade para impedir que o paro tivese maior repercusión". 


O persoal da compañía decretou dous días de folga en defensa dos seus dereitos laborais. A aerolínea, pola súa banda, mantivo unha actitude de rexeitamento total ao dereito das traballadoras e traballadores, con episodios de presunta "intromisión ilexítima",  segundo denunciaron os sindicatos. Ademais, Ryanair ameazou con reducir o calendario de voos de inverno e a súa frota de avións nas bases europeas onde se convocaron paros. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE