En Marea pide medidas ambientais máis ríxidas para instalacións de residuos industriais

"Nunca se debe primar o interese económico da empresa diante da necesidade de conservación dos valores ambientais ou a saúde da persoas"


|

Anton sanchez marea anova


En Marea acaba de rexistrar unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia para que a Xunta promova modificacións lexislativas e normativas para esixir medidas máis exhaustivas ás instalacións de residuos industriais. 


O viceportavoz, Antón Sánchez, explicou as medidas que pretenden que sexa obrigatorio o trámite de avaliación ambiental integrada ordinaria na implantación deste tipo de plantas de residuos. "Nunca se debe primar o interese económico da empresa diante da necesidade de conservación dos valores ambientais ou a saúde da persoas", declarou Sánchez. 


O grupo tamén busca modificar a Lei do Solo de Galicia para garantir que "só excepcional e motivadamente póidanse implantar este tipo de instalacións en chan rústico de protección ordinaria", e prohibilas no chan rústico de especial protección. 


"Nos últimos tempos sucedéronse conflitos sociais polos proxectos de instalacións de valorización ou vertedoiros de residuos industriais en varios lugares de Galiza como en Santa Icía, Arteixo, Lousame, Teo ou A Laracha, e pola xestión de vertedoiros existentes pola súa afección ambiental e social", lembrou o deputado. Sánchez denunciou que os criterios de situación das instalacións incluídos no Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia "non se están cumprindo", como a calidade das vías de comunicación, os accesos e a priorización do chan industrial. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE