Cartel das festas de María Pita na Coruña: The Pretenders, Raphael, Gloria Gaynor e outras estrelas

O Concello establece un dispositivo de bus nocturno, que contará co servizo de paradas libres para as mulleres que viaxen soas

|

Gloria Gaynor, Raphael e Estrela Morente serán algunhas das propostas musicais das Festas de María Pita na Coruña, que arrincan este mércores 1 de agosto, con Mercedes Peón como pregoeira.



MercedsPeon20110926A


PLAN ESPECIAL DE TRANSPORTE
O Concello da Coruña pon en marcha desde este mércores un dispositivo especial de transporte público urbano para favorecer o acceso e a participación dos veciños nas festas, así como fomentar a mobilidade sustentable, sobre todo durante a celebración dos concertos nocturnos do ciclo 'As noites de María Pita', o Festival Noroeste Estrela Galicia e a tradicional Batalla Naval.

Durante a celebración das festas estará dispoñible o servizo de paradas libres. Para poder utilizalo, as mulleres que viaxen soas só terán que avisar ao condutor no momento de subir ao vehículo da súa intención de solicitar o servizo.

NON SOBE O ORZAMENTO
O programa das festas desenvolveranse durante todo o mes de agosto e o seu orzamento é similar ao de anos anteriores, sobre 1,5 millóns de euros, que permitirán ofrecer actividades para os diferentes públicos e que se celebren en diferentes localizacións da cidade herculina.

As Festas María Pita 2018 comezan este 1 de agosto co pregón a cargo da cantante coruñesa Mercedes Peón, quen tamén se subirá ao escenario para cantar, pero será un día despois. Tras a súa lectura, será a quenda do concerto de Gloria Gaynor, que estará no escenario da praza de María Pita.

Precisamente, esta praza será unha dos escenarios destas festas, pois acollerá diferentes concertos, entre eles estará o día 2 agosto Mercedes Peón; o 3, Estrela Morente; e o sábado 4 será a quenda de Raphael. Tamén haberá concertos da Orquestra Sinfónica e outras propostas para diferentes tipos de público.

FEIRAS E FESTIVAIS
Dentro da oferta musical, tamén destaca a celebración do Festival Noroeste, coa participación de máis de 80 artistas. Do 7 e o 12 de agosto haberá actuacións, ademais de en a praia de Riazor, en diferentes puntos da cidade da man de artistas como Belle and Sebastian, The Pretenders,s e Viva Suecia.

Os xardíns de Méndez Núñez será outro dos escenarios destas festas de María Pita, xa que acollerán a celebración da feira do libro e o festival 'Viñetas desde O Atlántico'.

A programación inclúe tamén a celebración o martes 14 de agosto da Batalla Naval no Paseo Marítimo e o parque de Santa Margarita tamén repite ao acoller a súa tradicional romaría a finais de mes. Na segunda quincena do mes, as festas trasladaranse aos barrios.

Na programación tamén hai oco para o público infantil. 'O xardín dos libros' ou 'Familirúa' son algúns dos programas dirixidos aos máis pequenos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE