Polo menos dous feridos graves no incendio dun catamarán turístico

Un total de 37 personas   heridas, dúas graves, polo incendio dun catamarán turístico frente á Illa da Toxa,  O Grove (Pontevedra).


|

vídeo xa apuntaba á gravidade do suceso e, ao final, contradicindo as versións iniciais, que falaban só de feridos leves, hai polo menos dúas persoas graves que tiveron que ser trasladadas en helicóptero. Agora queda pescudar as causas dun lume que consumiu un catamarán novo.


Un total de 37 personas   heridas, dúas graves, polo incendio dun catamarán turístico frente á Illa da Toxa,  O Grove (Pontevedra).


Arde un barco con 50 persoas a bordo tras chocar contra unha batea

TRASLADO EN HELICÓPTERO
Así, os dous feridos graves foron trasladados en helicóptero á unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), mentres que o resto atópanse en centro médicos da provincia de Pontevedra, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Salvamento Marítimo indicou que actualmente varias embarcacións tentan localizar a todas as persoas que ían a bordo, xa que varias delas puideron saltar a terra, dado que o catamarán atopábase encallado. Aínda que indican que "en principio" non hai desaparecidos, séguese coa procura "polo si ou polo non".



UN CATAMARÁN NOVO


Ou grove catamarna garda civil


A Garda Civil, así como o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, confirmaron que ían a bordo 40 adultos, oito nenos e catro tripulantes da embarcación. O catamarán sinistrado era o 'Boramar', pertencente á empresa Cruceiros Rías Baixas, que levaba operativo apenas uns días, desde as Festas do Carmen, segundo diversas fontes consultadas.

Un total de catro dotacións de bombeiros continúan cos labores de extinción das chamas, que se produciron, ao parecer, por unha explosión na cociña.

MEDIOS MOBILIZADOS
De acordo co 061, a primeira alerta recibiuse sobre as 16,20 horas por unha colisión entre un barco e unha batea. Así, por parte de Urxencias Sanitarias, mobilizáronse dous helicópteros medicalizados con base en Santiago e Ourense; tres ambulancias medicalizadas, seis convencionais, trece ambulancias asistenciais, un vehículo de apoio loxístico e un equipo médico do centro de saúde do Grove.

A continuación, foron mobilizados as embarcacións 'Salvamar Sargadelos' e 'Euro', a patrulleira da Garda Civil 'Curvo Mariño', e os helicópteros da Xunta 'Pesca I' e 'Pesca II'.

A maiores, segundo o 112, desprazáronse os bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa, a Policía Local do Grove, o grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Sanxenxo, ademais de Protección Civil de Cambados e O Grove.

EXPLOSIÓN NA COCIÑA
Varias testemuñas sinalan que se produciu unha explosión a bordo, ao parecer na cociña, que foi a que desatou o incendio. Os pasaxeiros tiveron tempo de arroxarse ao mar onde foron inmediatamente rescatados por outros barcos turísticos e embarcacións recreativas particulares que se achaban na zona, moi concorrida durante estes meses de verán.

Testemuñas presenciais aseguran que en poucos minutos o barco estaba completamente en chamas. A columna de fume podía verse desde practicamente todos os recunchos da ría de Arousa.


O Grove CATAMARAN

relacionada Vídeo do catamarán ardendo por completo no Grove

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE