Primeiro torneo de tenis en cadeira de Rodas no Club de Campo de Vigo

|


Martin de la puente twitter


O vigués Martín da Ponte e o aresano Álvaro Illobre protagonizarán el I Torneo de Tenis en Cadeira de Rodas que organiza o Club de Campo de Vigo este xoves. O club non é alleo a este deporte adaptado, xa que, segundo explica nun comunicado, sempre acolleu esta práctica. 


A partir das 16.00h, Martín da Ponte dirixirá un clinic coas nenas e nenos da escola de tenis, seguido doutro clinic ás 17.30h impartido polas profesoras e profesores da Escola de Tenis do Club de Campo a integrantes de Down Vigo. Xa ás 18.00h a pista central do club acollerá o partido entre da Ponte e Illobre, para rematar coas tres actividades que serán abertas a todo o público. 


O torneo, que conta coa colaboración da Obra Social A Caixa, Mascato, Coca-Cola e Down Vigo, coincide coa celebración do XI Memorial Genaro Borrás, que reúne a 220 tenistas de dez categorías distintas. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress