As débedas pasan á nova empresa na seguridade privada subrogada

O Tribunal de Xustiza Europeo considera que, no caso de subrogación, as responsabilidades adquiridas co persoal serán da empresa entrante. 


|


Vixiante seguridade


As débedas adquiridas por unha empresa con traballadoras e traballadores onde o custo da man de obra sexa o máis elevado serán responsabilidade, no caso de subrogación, da compañía entrante. Así o determinou o Tribunal de Xustiza Europeo nunha consulta pre-xudicial exposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por mor dunha demanda presentada pola Confederación Intersindical Galega. 


A CIG reclamaba a responsabilidade subsidiaria á empresa entrante con respecto ás débedas da saínte cara a un traballador de seguridade privada. O Tribunal Europeo considera que en "aquelas actividades nas que o peso da man de obra subrogada constitúa en si mesma unha entidade económica", a obrigación correspóndelle á nova sociedade. 


Sentenzas do Tribunal Supremo, como a do 17 de abril de 2017, segundo explica Pedro Pérez, de CIG-Servizos, "limitan a responsabilidade das débedas co anterior contratista", porque din que prevalece o convencio colectivo sobre os límites que se introduzan nel. Pérez alerta que o convenio de Seguridade Privada establece un dereito de subrogación "peor" que do Estatuto das traballadoras e traballadores. 


Así as cousas, a consideración do Tribunal Europeo incluiría a empresas de seguridade e limpeza, entre outras, onde o "90% dos custos da concesión van destinados" ao persoal, tal como explica a CIG. Pérez aplaudee a decisión da UE que "dá a razón" á central sindical ao considerar que "si existen responsabilidades subsidiarias cando hai débedas cos traballadores nunha subrogación que ten que asumir a empresa entrante". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE