Novos horarios dos trens entre Galicia e Madrid e de moitos Media Distancia

Renfe modificará a partir deste luns, día 16, os horarios dos trens Alvia que unen Galicia e Madrid, para adaptalos ás condicións de circulación da vía, afectada polas obras que está a executar Adif no tramo comprendido entre Ourense e Zamora.

|

Renfe modificará a partir deste luns, día 16, os horarios dos trens Alvia que unen Galicia e Madrid, para adaptalos ás condicións de circulación da vía, afectada polas obras que está a executar Adif no tramo comprendido entre Ourense e Zamora.



Alviarenfe


O cambio afectará tamén a nove trens de Media Distancia que operan entre cidades galegas, así como ao Trenhotel A Coruña-Barcelona, que adianta tres minutos a saída da Coruña e das estacións intermedias ata Monforte.


Algúns trens adiantarán a súa hora de saída, polo que Renfe recomenda aos usuarios que consulten os horarios na web da compañía (www.renfe.com) ou o teléfono de atención integral 912 320 320.


Para os clientes dos trens que adiantan a súa hora de saída e adquirisen o seu billete antes do 30 de xuño, Renfe ofrece a posibilidade de cambialos ou anulalos sen custo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE