Ninguén quere ser o presidente dos empresarios galegos
A patronal galega afúndese máis na súa crise económica e institucional. Despois de varias presidencias fracasadas pola pelexa entre os líderes provinciais, non se presenta ningún candidato para recoller o temón dunha organización que arrastra importantísimas débedas e investigacións por algunhas das axudas da Xunta.

Os presidentes provinciais nunha pasada reunión /EP
Así, o prazo para presentar candidaturas para presidir a confederación de empresarios de Galicia (CEG) concluíu sen ningún aspirante, segundo informou a patronal galega.
"Na celebración da próxima reunión dos órganos directivos da organización galega analizarase a situación actual da mesma e decidiranse as medidas para adoptar en consecuencia", apunta.
Sobre a mesa está a necesidade de aplicar canto antes un plan de viabilidade. A falta do consenso necesario para sacalo adiante é un dos factores que explica as sucesivas dimisións e a situación actual.
Escribe o teu comentario