Peces mortos obrigan a pechar unha concorrida praia
Un colectivo veciñal alerta de varios episodios de morte de peixes no Río Tambre. En concreto, a Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes asegura que "os veciños da zona observaron a aparición de gran cantidade de peixes mortos".

Resto dun peixe nunha imaxe da Plataforma
Os peixes apareceron flotando por primeira vez na zona de Ponte Albar o 22 de xuño. Despois houbo outros incidentes similares, incluído na praia fluvial de Tapia este sábado 7 de xullo. Os socorristas deste popular destino mesmo tiveron que prohibir o baño.
A plataforma asegura que denunciou os feitos ante o Seprona da Garda Civil. Por agora descoñécense as causas. A Plataforma quéixase da pouca atención a este suceso e piden ás autoridades que investiguen e actúen. Especialmente porque no Trambre, ademais de Tapia hai outros lugares de baño nos que non se fan análise.
Escribe o teu comentario