O Día das Letras de 2019 será en homenaxe de Antón Fraguas

O filólogo Carvalho Calero, un do estudiosos do idioma máis importantes e icona do reintegracionismo, non é do gusto dos académicos, que o relegan outra vez para escoller no seu lugar ao historiador Antón Fraguas, figura clave do Museo do Pobo Galego.


|

O filólogo Carvalho Calero, un dos estudiosos do idioma máis importantes e icona do reintegracionismo, non é do gusto dos académicos, que o relegan outra vez para escoller no seu lugar ao historiador Antón Fraguas, figura clave do Museo do Pobo Galego. 


O historiador galego Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) foi finalmente a personalidade literaria elixida para protagonizar o Día dás Letras Galegas de 2019.



Anton fraguas e calero

Carvalho Calero e Antón Fraguas


Así o anunciou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, nunha rolda de prensa celebrada tras a votación realizada este sábado polos membros do pleno da institución.

Deste xeito impúxose a candidatura de Antón Fraguas sobre a do escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen era a sétima vez que figuraba entre os finalistas para protagonizar o próximo 17 de maio. 


TRAXECTORIA

Antón Fraguas Fraguas foi historiador, profesor; director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica.

Durante a súa mocidade publicou na revista 'Nós' e o xornal galeguista 'A Nosa Terra', e deixou biografías de personaxes ilustres como Manuel Murguía e Castelao, ademais da que foi a súa tese de doutoramento: sobre o Colexio de Fonseca da USC. No campo no que máis destacou foi no estudo da cultura campesiña, especialmente da seu parte espiritual.

O FRANQUISMO DEIXOUNO SEN CÁTEDRA
Foi profesor auxiliar de Xeografía e Historia na USC e en 1933 conseguiu a cátedra no instituto da Estrada, que lle foi arrebatada ao comezar a Guerra Civil, motivo polo cal tivo que dedicarse á educación privada ata 1950.

Compaxinou o ensino coa investigación en contacto con institucións como o Instituto PaidreSarmiento ou a RAG, na que ingresou en 1956 no sitio que deixou Castelao. Recibiu, entre outros galardóns, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio dás Letras e das Artes da Xunta de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE