41 novas farmacias para Galicia saen a concurso
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se convoca o concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia.
No novo baremo, segundo destaca a Consellería de Sanidade a través dunha nota de prensa, a experiencia profesional pasa a constituír o criterio de maior peso a efectos de valoración, de 30 a un máximo de 60 puntos.
Os aspirantes terán 20 días hábiles para presentar as súas solicitudes, contados desde o día seguinte da publicación da convocatoria no DOG.
Poderán participar licenciados ou graduados en farmacia, aínda que aqueles que sexan titulares ou cotitulares de oficinas non poderán ser adxudicatarios dunha nova na mesma zona farmacéutica na que estea instalada a súa.
Escribe o teu comentario