Castelao chega ao Museo de Pontevedra para quedar

"O pobo galego debe ter a posibilidade de gozar do Álbum Nós despois de tantos anos desaparecido, e de coñecer a historia galega desde a óptica de Castelao que permite reafirmar a nosa cultura propia", declarou o deputado de Cultura Xosé Leal durante a presentación.


|

Museo pontevedra castelao nu00f3s

Imaxe: Museo de Pontevedra


O Museo de Pontevedra deu a benvida oficial este martes aos 50 orixinais do Álbum Nós, cos que se inauguran dúas novas salas dedicadas a Castelao. Esta é a primeira vez que se reúnen 200 pezas orixinais de forma permanente de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e agora chegaron á cidade do Lérez para quedar e converter o museo, en palabras da Deputación de Pontevedra, nun "centro de referencia insuperable". 


"O pobo galego debe ter a posibilidade de gozar do Álbum Nós despois de tantos anos desaparecido, e de coñecer a historia galega desde a óptica de Castelao que permite reafirmar a nosa cultura propia", declarou o deputado de Cultura Xosé Leal durante a presentación. 


"É ben sabido que o Álbum Nós marca un antes e un despois no labor de Castelao como artista, e tamén, desde múltiples puntos de vista, na evolución da arte galego do século XX", apunto o directo do Museo de Pontevedra, Carlos Vale. Este mostrouse moi satisfeito pola apertura das salas e a exposición. 


Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrou algúns dos aspectos que do Álbum Nós como un "verdadeiro retrato de Galicia, destacando desde a emigración, ao caciquismo, as inxustizas, as violencias contra as mulleres ou a marxinación social". 


A partir de agora, o Museo de Pontevedra expoñerá de forma permanente case 200 pezas, entre as que se inclúen obras como carteis chegados en cesión desde Venezuela. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE