“Ata 8 meses de espera para ver ao fisioterapeuta do SERGAS”
Un sindicato denuncia as graves carencias no cadro de persoal desta especial. Algo que pasa unha factura importante ás arcas públicas, pois moitas baixas laborais acaban prologándose máis do que debesen.
Un sindicato denuncia as graves carencias no cadro de persoal desta especial. Algo que pasa unha factura importante ás arcas públicas, pois moitas baixas laborais acaban prologándose máis do que debesen.
Segundo datos sindicais, o Sergas conta nestes momentos con un persoal de tan só 324 fisioterapeutas para unha poboación de 2.700.000 habitantes. É dicir, un fisioterapeuta por cada 8.300 habitantes. Segundo as recomendacións da OMS, deberíase de contar polo menos cun profesional por cada 1.200 habitantes, segundo recoñecen recentes informes do Colexio de Fisioterapeutas.
“Por tanto, o persoal do Sergas debería estar formada polo menos por 2.250 fisioterapeutas para conseguir respectar esas recomendacións do organismo sanitario mundial”, sinalan desde o sindicato ASMIG. Para este colectivo“o sector de fisioterapia é probablemente o que presenta peor dotación de recursos humanos de todo o sistema sanitario público de Galicia”.
UNHA POBOACIÓN MÁIS VELLA NECESITA MÁIS FISIOTERAPIA
Nalgúns centros de saúde, a lista de espera alcanza “proporcións dantescas”, chegando mesmo aos “oito meses desde o volante do médico de cabeceira”, xa que os escasos profesionais ven "impotentes" para afrontar unha demanda de servizos cada día máis importante polo aumento de idade da poboación.
Unha carencia de persoal que nos pode saír caro a todos pois, en opinión de ASMIG, os atrasos en atender aos que necesitan fisioterapia, sobre todo aos que están de baixa laboral, ten un “impacto brutal” no mercado laboral e, nalgúns casos, “as perdas en canto a gastos farmacolóxicos e laborais engadidos pode superar os 1.300 euros”.
Escribe o teu comentario