Acaba o programa infantil de hábitos saudables Alimentes con tres premiados e 8.000 participantes
Gadis repartiu tres premios entre máis de oito mil alumnas e alumnos participaron no programa Alimentes de Supermercados Gadis en Galicia e Castela e León, unha iniciativa que promove a formación en hábitos saudables e de consumo responsable
Gadis repartiu tres premios entre máis de oito mil alumnas e alumnos participaron no programa Alimentes de Supermercados Gadis en Galicia e Castela e León, unha iniciativa que promove a formación en hábitos saudables e de consumo responsable. As e dúas gañadoras e o gañador leváronse unha bicicleta, unha tablet e unha cámara de fotos.
Baixo a acción 'Prevención da obesidade. Alixeira a túa vida', as e os participantes no programa adquiriron nocións teóricas e prácticas sobre alimentación saudable, actividade física, consumo responsable e desperdicio alimentario.
Ademais do material didáctico para complementar o labor das e os docentes, Gadis ofreceu visitas guiadas por un educador especializado aos seus establecementos. Nelas, as nenas e nenos de educación infantil e primaria prestaron especial atención aos produtos frescos, de tempada e de proximidade.
Escribe o teu comentario