Ollos saudables, verán feliz: consellos para unha saúde visual óptima
As altas temperaturas, a exposición á radiación ultravioleta, o aire acondicionado ou os baños, xa sexa na praia ou na piscina, requiren un coidado específico dos nosos ollos. O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia lanza as súas recomendacións para o verán.
As altas temperaturas, a exposición á radiación ultravioleta, o aire acondicionado ou os baños, xa sexa na praia ou na piscina, requiren un coidado específico dos nosos ollos. O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia lanza as súas recomendacións para o verán.
Chega a calor e queres saír á rúa. Crema solar en corpo e cara, sen esquecernos das plantas dos pés, chapeu, ventilador, abanico, moita auga, comidas lixeiras... e os ollos?
As altas temperaturas, a exposición á radiación ultravioleta, o aire acondicionado ou os baños, xa sexa na praia ou na piscina, requiren un coidado específico dos nosos ollos. Así o sinala o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, que advirte dos efectos negativos que poden causar estes factores: contribución ao desenvolvemento de problemas visuais a curto, medio ou longo prazo.
Infecciones, conjuntivitis, ojo seco, irritación, fotoqueratitis (quemadura de la córnea), cataratas o degeneración macular pueden ser efectos de un incorrecto cuidado de la salud visual en verano. Para evitarlos, aconsejan usar gafas de sol siempre que haya exposición a los rayos solares, una recomendación para todas las edades, incluso en bebés. Las gafas, eso sí, deben estar debidamente homologadas para retener la radiación ultravioleta. Aquellas personas con problemas refractivos deberán utilizar gafas graduadas y mantener los ojos en sombra, ayudándose de una gorra o sombrero.
Aínda que o sol non é o único obstáculo ao que se enfronta nosa vista. O Colexio lembra que o aire acondicionado reseca os ollos "e é un problema que pode chegar a cronificarse xerando o que se denomina un ollo seco", ademais de favorecer infeccións se os sistemas de ventilación non teñen a hixiene adecuada.
Á hora de nadar é importante o uso de lentes de baño ou de mergullo para evitar o contacto con axentes irritantes, como o cloro, e contaminantes, como virus e bacterias. Na praia, advirten, "é fundamental estar pendente de que os nenos se laven as mans a miúdo, porque se se fregan os ollos coas mans sucias de xogar na area é fácil adquirir unha infección". No caso de que entren corpos estraños nos ollos, hai que lembrar que a solución non é fregar, senón lavalos inmediatamente.
Escribe o teu comentario