​O proxecto industrial que ten na súa contra a todos os partidos


A planta que Toysal quere instalar en Casalonga ten na súa contra ao Concello, ecoloxistas e, en principio, a todos os grandes partidos galegos. Algo moi difícil de ver en Galicia, onde este tipo de polémicas soe enfrontar a esquerda e dereita. Entrevistamos a José Antonio Herrera, un dos portavoces da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos sobre os motivos deste rexeitamento unánime. A proximidade ao Camiño de Santiago, o exemplo da protesta contra a Mina de Touro e o impacto na economía local son algúns doutros temas desta conversación.


|

A planta que Toysal quere instalar en Casalonga ten na súa contra ao Concello, ecoloxistas e, en principio, a todos os grandes partidos galegos. Algo moi difícil de ver en Galicia, onde este tipo de polémicas soe enfrontar a esquerda e dereita. Entrevistamos a José Antonio Herrera, un dos portavoces da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos sobre os motivos deste rexeitamento unánime. A proximidade ao Camiño de Santiago, o exemplo da protesta contra a Mina de Touro e o impacto na economía local son algúns doutros temas desta conversación.



Andaina casalonga 2ñ

Pasada protesta contra a planta de reciclaxe



Con que obxectivo se constitúe a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos?

Nace ó coñecer a noticia de que a empresa Toysal pretende construír unha planta de residuos na antiga canteira de Casalonga.


Destacan a proximidade da planta de residuos dos núcleos de poboación. Cal é a distancia mínima esixida para unha instalación desta envergadura?

Descoñecemos se existe lexislación estatal ou europea ó respecto. A Lei do solo de 2016 non establece distancias.


Cales foron as modificacións da Lei do Solo que permitiran esta aproximación?

Ata esta lei non era posible desenvolver actividades deste tipo en solo rústico. A lei do solo establece novos usos dos solos catalogados como rústicos nos plans de urbanismo, o cal supuxo de facto un cambio nas regras do xogo no medio do partido, cos plans xerais de moitos concellos xa feitos.


Que consecuencias económicas traería a instalación do complexo no Monte de Casaloga?

A primeira consecuencia, que xa é unha realidade é a perda do valor da propiedade, temos noticia de varios compradores que tan só estaban pendentes de asinar as compras que se botaron atrás o coñecer a nova. Atrás disto virá un paulatino despoboamento dado que a xente irá marchando da contorna e non virá xente nova.


O Concello estaba a comezar nos últimos anos plans de desenvolvemento turístico para poñer en valor o patrimonio da contorna (varias series de petróglifos, dous castros, varios pazos e roteiros de sendeirismo). Todas estas iniciativas veranse truncadas. Existen ademais a menos de 1 quilómetro varios aloxamentos rurais, un deles, a casa grande de Cornide, dos primeiros que comezaron a súa actividade en Galicia, está a 600 metros. Posiblemente tería que pechar.

O camiño de Santiago pasa nalgún punto a 500 metros da finca onde se quere ubicar a planta e a favor dos ventos predominantes. Non é necesario explicar as consecuencias para varias ducias de establecementos que centran a súa actividade entorno ó fluxo de peregrinos.


Cales serías as consecuencias medio ambientais?

A primeira e máis directa, os cheiros, que se producirán dende o primeiro día. A empresa fala de 40 camións de gran tonelaxe, pero a planta está dimensionada para admitir preto do dobre, se ademais, como tememos empregan a canteira como vertedoiro o número superaría 100 ( un cada 5 minutos). En segundo lugar, a proposta de empregar as augas residuais do proceso (no mesmo proxecto citan límites para algunhas substancias que as converten en augas de sumidoiros) para regar eucaliptos é a todas luces un xeito de desfacerse delas cara os regatos da contorna sen verter directamente. De estes irá ó río Sar e do Sar á Ría de Arousa.


Cal é a postura da Administración con respecto a este proxecto? Que contactos teñen feito dende a Plataforma con representantes políticas?

En principio tanto o concello de Teo, como todas forzas políticas do concello e a Xunta de Galicia din que están en contra do proxecto. O tempo diranos se todos o din con sinceridade. Todas as forzas políticas con representación no parlamento de Galicia teñen plantexadas iniciativas parlamentarias ó respecto, e todas nos manteñen informados das súas iniciativas.


Que accións estades a levar a cabo desde Casalonga Limpa? E cales son as liñas de actuación que vos plantexades para o futuro?

No último mes conseguimos iniciar as mobilizacións e a información ós veciños e veciñas así como unha xestión eficiente das redes sociais. Xa estamos constituídos como plataforma con órganos de dirección e estatutos es agora mesmo estamos a comezar coa consecución de fondos e a presentación formal da plataforma. Paralelamente a isto, as comisións técnico-científica e xurídica comezaron xa a desenvolver posibles vías de alegacións contra o proxecto e a comisión veciñal está a desenvolver labores de asociación e información ós veciños, tendo a día de hoxe preto de 400 socios formais na plataforma.


Tedes algunha proposta para a utilización da antiga canteira alternativa á instalación da planta de residuos de Toysal?

Imos paso a paso. O primeiro é deter o proxecto e pechar en firme calquera posibilidade de que os oportunistas intenten de novo empregar o espazo para actividades lesivas para a contorna. Unha vez conseguido isto, comezaremos a plantexarnos o xeito de poñer en valor este espazo.


Tras o éxito da manifestación contra a mina de Touro – O Pino, cal é a sensación que vos deixa para a vosa causa?

Por un lado a sensación foi moi boa, pois vimos que a inquietude existente en toda a cidadanía é grande. Por outro a negación da realizade da manifestación feita polas institucións e os medios é desacougante. Non deixa espazo a pensar ben.


Tedes plans de crear unha rede de apoio con outras plataformas ecoloxistas como a da mina?

De xeito informal esta rede xa existe, apoiámonos uns ós outros e asesorámonos mutuamente. Ben, en realidade polo de agora asesórannos os demais a nós). No medio orazi é posible que acabemos creando unha rede máis formal, dado que a realidade que percibimos é que este é un problema de concepto da contorna e vai a requirir solucións a nivel lexislativo que abrangan a todo o país.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE