Vixiantes de seguridade despedidos da Fábrica de Armas marchan cara a Santiago

O persoal de seguridade recentemente despedido da Fábrica de Armas da Coruña emprenden unha marcha a pé para realizar o Camiño Inglés ata Santiago ante "a pasividade das diferentes Administracións" coas súas denuncias


|

Hercules armamento armas coruña


O persoal de seguridade da Fábrica de Armas da Coruña, ante "a pasividade das diferentes Administracións", decidiu emprender o Camiño Inglés para reivindicar os despedimentos do pasado día 11. O sindicato UXT e os traballadores denunciaron "falta de seguridade" nas instalacións e "reiterados incumprimentos" das empresas de seguridade adxudicatarias.


Ante esta situación, e presentadas denuncias ante diferentes organismos como o Ministerio de Defensa, Inspección de Traballo ou a Intervención de Armas da Garda Civil, entre outros, UXT convocou unha concentración diante da Fábrica de Armas o 25 de xuño ás 10.00h, tras a que os vixiantes -"a maioría son traballadores que exceden os 55 anos"- emprenderán a marcha cara a Santiago.


O mesmo luns percorrerán o camiño entre Pedralonga, onde se sitúa a factoría, e Hospital de Bruma. O martes 26, camiñarán ata Sigüeiro, de onde partirán o mércores 27 para chegar a Santiago. 


"Os incumprimentos das diferentes empresas cos traballadores que prestan servizo hai máis de 25 anos foron constantes", alerta UXT nun comunicado. Cifran falta de pagamentos por parte de Hércules Armamentos en 700.000 euros -Segur Ibérica 400.000, GEP Seguridade 100.000 e Tepol Seguridade 200.000-, que "derivaron" en falta de pagamentos ao persoal.  


Ademais, a adxudicataria actual, Tepol Seguridade, "procedeu ao despedimento da totalidade de vixiantes que viñan prestando servizos nas instalacións" o pasado 11 de xuño, un total de nove traballadores que, segundo o sindicato, non viron "nin un céntimo polos devanditos despedimentos". 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE