Ourense presenta un completo programa para as súas festas

Ata 39 concertos coas actuacións de Guadí Galego, Los Secretos, Sidonie ou Rosendo Mercado como algún dos pratos fortes nas festas patronais da capital das Burgas.


|

Ata 39 concertos coas actuacións de Guadí Galego,Los Secretos, Sidonie ou Rosendo Mercado como algún dos pratos fortes nas festas patronais da capital das Burgas.



Guadi Galego

Guadi Galego


O Concello de Ourense presentou a programación das Festas de Ourense 2018, que “contarán con máis de máis de 90 actividades pensadas para todas as idades e sensibilidades” e que ofrecerá unha especial atención “a música feita made in Galicia”.


CRISTINA PATO PREGOEIRA

Así o confirmou hoxe o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación, xunto a concelleira de Cultura Belén Igrexas, do programa festivo que “dará o seu pistoletazo de saída o sábado 23 de xuño, ás 22:00 horas, co pregón da artista ourensá Cristina Pato”.


“Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas e un intenso calendario de citas deportivas farán que cada día teñamos unha chea de opcións para escoller", abundou o rexedor.


SIDONIE E ROSENDO MERCADO

Este ano están programados un total de 39 concertos en diversos escenarios da cidade como a Praza Maior, as prazas de San Martiño e do Ferro, a Alameda do Bispo Cesáreo e o Xardín do Posío.


Na programación haberá “nomes de primeira liña” como Sidonie ou Rosendo Mercado, pero “a nosa aposta máis importante vai ser pola música “ made in Galicia”, dixo Jesús Vázquez.


MÚSICA GALEGA

O alcalde explicou que este ano se poñerá especial énfase “en reivindicar e dar a coñecer aos artistas galegos” a través de varios concertos na Praza Maior, como o espectáculo Sons da Auria a cargo dos ourensáns Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa (o 27 de xuño); e as actuacións de Xestreu e Treixadura (o 28 de xuño) e de Guadi Galego, o sábado 30 de xuño.


PARA NENOS

A infancia volverá ser protagonista do teatro programado na Praza do Bispo Cesáreo. Entre o 25 e o 29 de xuño haberá actuacións en horario de mañá e de tarde.


O alcalde insistiu na aposta do Concello “pola rúa como o mellor escenario”, a través da celebración de verbenas “coas mellores orquestras de Galicia”; a celebración da Feira Histórica (desde o 28 de xuño) e cunha nova edición da tradicional Batalla de Flores, recuperada polo actual Grupo de Goberno.


Como novidade, este ano terá lugar, o sábado 30 de xuño, o espectáculo Midnight Paint Party, un evento que aposta por unha mestura da música de recoñecidos DJ’ s con actividades de pintura.


OURENSE DANCE

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, resaltou o traballo do seu departamento para “dar resposta aos gustos de todo tipo de persoas e idades”.


Iglesias destacou que este ano a celebración da XXI Edición do “Ourense Dance”, o venres 29 de xuño ás 23:00 horas no Xardín do Posío “este ano ten como slogan Non ao acoso escolar, non ao bullyn”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE