Búscase a unha moza que leva desaparecida tres días
A Policía Nacional investiga a desaparición dunha moza de 22 anos de idade de Barreiros (Lugo) desaparecida desde o pasado 14 de xuño tras a denuncia presentada pola súa familia.
A Policía Nacional investiga a desaparición dunha moza de 22 anos de idade de Barreiros (Lugo) desaparecida desde o pasado 14 de xuño tras a denuncia presentada pola súa familia.
Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que a denuncia da desaparición foi presentada o pasado venres ás 16,00 horas na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.
SON XA TRES DÍAS SEN RASTRO DE JENNIFER
A familia difundiu un cartel coa foto da moza desaparecida, Jennifer Ferreiro González, de 22 anos, no que indica que leva desaparecida desde o xoves 14 de xuño.
Tamén o cartel aparece unha foto da matrícula do seu vehículo, de cor vermella, por se alguén o vise. No cartel tamén se indica números de teléfonos (982 26 51 18/ 982 26 51 64) aos que dirixirse en caso de ter algunha pista, ademais do 091 da Policía.
Escribe o teu comentario