Italia, Portugal, México, Reino Unido e Uruguai na 34ª Mostra Internacional de Teatro

Este venres presentouse o progama completo da trixésimo cuarta edición da MIT, onde participarán compañías de Italia, Portugal, México, Reino Unido e Uruguai, ademais de galegas e españolas. 


|

Mostra internacional teatro presentacion mit ribadavia

Presentación da 34ª MIT


Este venres a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia presentou o seu programa para a trixésimo cuarta edición do festival, que se celebrará entre o 14 e o 22 de xullo. Ademais de compañías galegas e do resto de España, a mostra contará con actuacións chegadas desde Italia, Portugal, México, Reino Unido e Uruguai. 


O director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, remarcou na presentación celebrada na sede da cooperativa Viña Costeira o posicionamento da MIT como "mostra de referencia no sistema teatral galego". Ademais de Agadic, tamén estiveron representados o concello de Ribadavia, a Deputación de Ourense, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e a asociación Escena Galega. 


Commedia, un xoguete para Goldoni, un dos espectáculos con "máis éxito da historia do teatro profesional galego", será o espectáculo que dará o pistoletazo de saída o 14 de xullo no Auditorio do Castelo. A compañía Contraproduccións recupera esta peza estreada hai 25 anos da man do director Cándido Pazó.


A trixésimo cuarta edición da MIT terá numerosas actividades paralelas que combinan os ámbitos pedagóxico, experimental e artístico, como talleres impartidos pola directora e dramaturga Laila Ripoll ou charlas, encontros e exposicións. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE