​Dominios .gal a 5 euros, mesmo menos, para celebrar o seu quinto aniversario

Xa van cinco anos de presenza da lingua e da cultura galega no máximo nivel das direccoines da internet. Para conmemoralo, a Asociación puntoGAL, xestora do identificador, lanza unha rebaixa especial.


|

Xa van cinco anos de presenza da lingua e da cultura galega no máximo nivel das direccoines da internet. Para conmemoralo, a Asociación puntoGAL, xestora do identificador, lanza unha rebaixa especial.



140516 puntogal 033c

Entre o 14 e o 17 de xuño pódese rexistrar . gal por cinco euros + IVE como prezo máximo. Ollo, non todos as empresas que rexistran dominios están adheridas a esta oferta. Unha das que participa é Dinahosting, a única compañía galega acreditada por ICANN, o ente internacional que goberna as direccións da Rede. Dinahosting ofrece un prezo de 3,95+IVE.


PuntoGal explica que ten rexistrados máis de 4.700 dominios, e márcase como meta para final de ano superar da cifra dos 5.000 rexistros. Un longo camiño andado xa desde a posta en funcionamento da primeira páxina, dominio. gal, durante o 16 de maio de 2014


Para o segundo semestre do ano, a Asociación que preside Manuel Gozález anuncia actividades, incluídas a presenza na feira Culturgal  e "iniciativas no ámbito tecnolóxico como xa se fixo no seu momento co lanzamento de i. gal e velaqui. gal en colaboración con Dinahosting".

.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE