Que nota cómpre para entrar nas carreiras universitarias en Galicia?

A páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu este martes, día de inicio da Selectividade, un simulador para calcular a nota de admisión nas distintas titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

|

A páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu este martes, día de inicio da Selectividade, un simulador para calcular a nota de admisión nas distintas titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG).



Selectividade 1

Imaxe dun exame da selectividade


Segundo informou a Xunta nun comunicado, o alumnado deberá introducir a cualificación que obteña nos distintos exames da Avaliación de Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) e a nota media obtida en Bacharelato.


DIFERENZA ENTRE NOTA DE ADMISIÓN E NOTA DE CORTE

Deste xeito, a aplicación calcularía a nota final de admisión a cada unha das titulacións universitarias dispoñibles na Comunidade galega. Ademais, o usuario poderá seleccionar os cinco graos que máis lle interesen.


O Goberno galego lembra que a nota de admisión á educación superior non é a mesma que a nota de corte, debido a que esta é a cualificación obtida polo último estudante que logrou a admisión nos graos con límite de prazas o curso anterior.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE