Acusan a Gadis de meter medo e despedir ás traballadoras que reividican os seus dereitos

"En Gadis, negociando non logras nada e cando vas á Inspección, a resposta da empresa é a represión". Así critica o sindicato CIG á principal cadea de supermercados galega, en protesta polo despedimento dunha ex-representante dos traballadores.


|

"En Gadis, negociando non logras nada e cando vas á Inspección, a resposta da empresa é a represión". Así critica o sindicato CIG á principal cadea de supermercados galega, en protesta polo despedimento dunha ex-representante dos traballadores.



18 06 11 ConcentracionDespedimento Gadis 04

Protesta da CIG no GADIS de Mercado de Elviña (Avda. Salvador de Madariaga)


A CIG organizou este luns unha concentración diante do supermercado que Gadis ten na avenida Salvador de Madariaga co obxectivo de esixir o cesamento da súa política "represiva e antisindical" e a readmisión dunha traballadora que foi despedida "con falsos argumentos".


Así o explicou a central nacionalista nun comunicado no que explicou que a protesta organizouse á vez que o acto de conciliación polo despedimento, que concluíu sen acordo.


SUPOSTA REPRESALIA

Neste sentido, a CIG asegurou que detrás da decisión de prescindir da empregada "escóndese unha nova tentativa de amedrentar e perseguir ás traballadoras e traballadores que reivindican os seus dereitos".


E é que, segundo o relato sindical, o despedimento foi unha "represalia" polas denuncias presentadas contra a empresa para mellorar a prevención contra os riscos laborais.


Ademais, a CIG asegurou que a empregada estaba destinada no supermercado "máis pequeno" que Gadis ten na Coruña, "que parece máis unha tenda de barrio e no que traballan ao redor de dez persoas", das que catro delas son delegadas da CIG no comité provincial, segundo afirmou a organización.


UN SUPERMERCADO PEQUENO PARA ILLAR ÁS QUE PROTESTAN

"A empresa utiliza este supermercado como unha especie de lugar no que recluír ás traballadoras reivindicativas e as delegadas da CIG como castigo e para telas así desconectadas do resto de compañeiros", censurou o responsable de comercio de CIG-Servizos na Coruña, Roberto Pérez.


Así mesmo, sinalou que hai "ducias de queixas" á dirección da empresa polo comportamento da actual delegada do establecemento. "Pero a empresa fai caso omiso", lamentou para despois engadir que "negociando non se consegue nada" con Gadis, porque a súa resposta é "agredir á CIG e ás persoas que a representan".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE