Asociación empresarial crítica coa Marea Atlántica premia a un deputado de C's

A Asociación profesional dos Autónomos, Emprendedores e Empresarios de Galicia.(ASCEGA), unha das principais asociacións de emprendedores de Galicia, entregou a pasada semana o premio Momentos Emprendedores 2018 na categoría Recoñece a Sergio del Campo, deputado de Ciudanos. Esta categoría en concreto premia a "a aquelas persoas e institucións que apoian de forma comprometida o labor emprendedor". 

|

O deputado por Tarragona Sergio Del Campo foi relator do Relatorio de Proposición de Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo, o texto legal que introduciu algunhas melloras para os empregados por conta propia.

A diferenza doutras asociacións empresariais, que fuxen de significarse politicamente en público, a herculina ASCEGA leva anos criticando moi abertamente ao goberno local de Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, a quen acusou en numerosas ocasións de manter paralizada a cidade poñendo trabas, por exemplo, ás licenzas urbanísticas.

Ascega cidadáns

Sergio do Campo recollendo o seu premio da ASCEGA

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE