Piden explicacións á Xunta por un "presunto trato de favor" na concesión de axudas ao fillo dunha conselleira

"É necesaria transparencia ante as dúbidas xeradas, xa que pode haber sospeita fundada de trato de favor e estase poñendo en cuestión a igualdade de oportunidades", declarou a portavoz de Pesca do PSdeG


|


A portavoz de Pesca do PSdeG, Loli Toja, presentou este venres unha batería de preguntas parlamentarias para esixir explicacións á Consellería de Agricultura polo "presunto trato de favor" ao fillo da actual conselleira do Mar na concesión das axudas de fondos Feader.


A socialista denunciou que o fillo da conselleira "incumpría os requisitos", xa que as axudas deben incluír unha licenza municipal concedida antes do 16 de outubro (de 2017), e o seu permiso databa do 28 de marzo de 2018, "mentres outros solicitantes viron denegadas as axudas por non cumprir os requisitos de documentación". 


Toja esixe ao goberno galego que clarifique "un posible tráfico de influencias" que, de confirmar, obrigará á Xunta a "depurar responsabilidades ao máximo nivel".  "É necesaria transparencia ante as dúbidas xeradas, xa que pode haber sospeita fundada de trato de favor e estase poñendo en cuestión a igualdade de oportunidades", sentenciou. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE