As rúas de Compostela son o escenario do novo videoclip de Mekánika Rolling Band

A banda nicrariense Mekánika Rolling Band "busca a festa" polas rúas de Comostela no seu novo videoclip. Ensinámoscho en Galiciapress.


|

Mekanika rolling band


Mekánika Rolling Band estrea o seu videoclip En busca da festa, un festexo nas rúas de Compostela. A banda nicrariense, que rodou o vídeo na rúas do centro histórico, busca "seguir levado a festa" alá onde van. 


"No videoclip quixemos facer unha festa da nuestas, da que facemos a miúdo, contando coa fermosura das rúas de Compostela e, sobre todo, coa xente marabillosa que nos acompañou e respondeu masivamente á nosa chamada para acompañarnos na gravación", declara a banda. 



O grupo de Negreira, que deuse a coñecer no programa de Telecinco 'Got Talent', dá un paso mais na súa evolución musical "para converterse oficialmente", segundo contan, "nunha rolling band, co seu escenario rodante e motorizado"


As súas actuacións traspasan a xeografía galega, "máis aló do EO, Pedrafita ou a Raia, e mesmo dos Pireneos", e dan ao redor de 100 actuacións ao ano. "Somos 8 músicos e un técnico de son qeu facemos un espectáculo de case 3 horas co único obxectivo de que a xente se divirta connosco", conclúen.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE