CCOO demanda ao Sergas a negociación dun plan de igualdade

|

Pacientesenfermerashospital

O 80% das empregadas do Sergas son mulleres


O sindicato Comisións Obreiras esixe ao Servizo Galego de Saúde a negociación dun plan de igualdade, "ao que están obrigadas todas as empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras", segundo explican nun comunicado, "para a igualdade efectiva entre homes e mulleres". 


Alegan que o sistema público de saúde galego conta con preto de 35.000 persoas empregadas, das cales o 80% son mulleres. CCOO afirma no escrito que o plan de igualdade "axudaranos a coñecer mellor as dificultades e evitar as barreiras que poidan supoñer discriminación". 


Ampáranse ademais na Lei orgánica 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, que "afirma que as Administracións Públicas deberán elaborar e aplicar un plan de igualdade a desenvolver no convenio colectivo ou acordo de condicións de traballo do persoal funcionario". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress