Persoal de limpeza da Xunta concéntrase para denunciar discriminación salarial por cuestión de xénero

Segundo CIG, o 90% do cadro de persoal do servizo son mulleres, que non teñen "recoñecido o dereito para percibir plus de toxicidade, penosidad ou perigo"


|

Limpeza cig xunta

Imaxe: CIG


O persoal de limpeza da Xunta de Galicia concentrarase este xoves, 7 de xuño, para denunciar a discriminación salarial por cuestión de xénero que presuntamente sofren no seu traballo. 


O comité de empresa do Grupo Norte, empresa concesionaria do servizo de limpeza do Goberno autonómico, convocou a mobilización diante da consellería de Presidencia en San Caetano, coincidindo co Consello da Xunta. 


Denuncian unha brecha salarial entre homes e mulleres traballadoras, ademais de excesos de carga de traballo "por non cubrir ausencias de persoal, baixas por incapacidade temporal, vacacións e demais", segundo informa a CIG nun comunicado. 


Cig limpeza xunta

Imaxe: CIG


Segundo o sindicato, o 90% do cadro de persoal do servizo son mulleres, que non teñen "recoñecido o dereito para percibir plus de toxicidade, penosidad ou perigo". "Nin unha soa ten recoñecida a categoría de peón especialista e a súa carga de traballo é maior que a dos seus compañeiros, que, con todo, cobran practicamente todos por eses conceptos", expón a Confederación. 


Ademais, a discriminación salarial que sofren "utiliza como subterfugio as categorías profesionais", segundo a CIG. Denuncian que "non hai unha soa muller que teña recoñecida a categoría de peón especialista". 


É a terceira das mobilizacións que protagoniza o colectivo desde o encontro que se celebrou coa empresa o pasado 21 de maio, onde, segundo a CIG, "ofreceu 16 ascensos a peón especialista" en 4 anos "utilizando o citerio de antigüidade para decidir quen ascende", proposta rexeitada polo Comité. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE